Arquivo da categoría: Uncategorized

Fest Deiz en Compostela (14.04.2011)

Organizada pola Escola de linguas de Santiago de Compostela o 14.04.2011 a partir das 18h30

¡Animádevos! (incrición aquí)

 


D – 44

Parque Náutico de Galicia (Castrelo de Miño – Ourense)

Boas a tod@s

Vai pouco menos dun ano dende que se lanzou a idea de reunir aos bretóns e bretonas de Galicia para un pequeno picnic en Compostela: concretouse no 16 de maio de 2010, logo fixemos un pequeno fin de semán en agosto na Ribeira Sacra Lucense… e chega o 2011 con este proxecto de  Iª Festa da Bretaña en Galicia. Sera a ocasión de reunirnos, coñecernos, divertirnos… reflexionar sobre o potencial desta comunidade (que agora empeza a reunir a moita xente que se interesa ou se recoñece na identidade bretona – vexase no perfil de Facebook), así coma os futuros proxectos que podemos realizar para dinamizar a mesma.

Abur, kenavo polo momento, ¡estamos en contacto!

Nico